Himno
«Ourense en Misión con María»
Himno para o Ano Mariano
(autor: Antonio F.León)
no 50 aniversario da coroación
da Virxe dos Milagres (Diocese de Ourense)
Es María luz que alumas,
cando se escurece a fe.
Es o faro que máis brila
cando chega o anoitecer.
Es o máis certo guieiro
cara a Cristo, noso Deus.
Ave, María, Ave María,
Ave María, Nai do Señor,
acompaña a Igrexa en Ourense
no camiño da Misión. (bis)
Ourense en Misión con María,
Nai que convoca a nosa Igrexa
a ter o seu centro en Xesucristo,
ser da Palabra boa terra.
Ourense en Misión con María,
quen de nós coida dende o ceo;
Nai dos Milagres, que nos manda
ser mensaxeiros do Evanxeo.